Santo á grella

Segundo nos conta a nosa restauradora, a talla do San Lourenzo de Cereixa é de madeira policromada, de 1,10 cm de alto. Aparentemente non está repintada, conservando unha policromía de boa calidade. A vestimenta do santo presenta estofados con motivos ornamentais vexetais. Como é habitual, a decoración dourada céntrase nas cenefas e na vestimenta. Na súa mao esquerda leva a palma, símbolo do seu martirio e na mao dereita perdeuse o outro atributo. No libro de Pinturas Murais de Galicia de García Iglesias xa aparece a imaxe sen ese atributo, así que podemos constatar que a perda do mesmo é anterior a 1989. As representacións de San Lourenzo levan un libro e, con máis frecuencia, unha grella. Neste caso, pola colocación dos dedos, cremos que levaría a grella.

Nativo de Aragón, o culto do San Lourenzo expandiuse por toda España, de tal xeito que no século XVI era unha das devocións máis importantes. O feito de que a victoria de San Quintin (1557) cadrase co 10 de agosto, fixo de San Lourenzo un santo nacional bastante popular. Este santo aragonés morreu martirizado en Roma en 258. A tradición conta que por humildade lavaba os pés dos cristiáns. Co Papa Sixto II pasou a ser diácono e o mesmo Papa confioulle o tesouro da Igrexa. Tres dias despois do martirio de Sixto II, apresaron a San Lourenzo para que entregase o tesouro, pero o diácono xa o repartira entre os pobres. Furioso por haber sido frustado en su codicia, el emperador Decio ordenó que se lo flagelase con varas, se le quemaran las costillas con un hierro candente y que por último, se le extendiera desnudo sobre una parrilla dispuesta sobre un manto de brasas. A tradición di que San Lourenzo, no medio do martirio, dixo xa me asaches dun lado; dáme a volta e asi poderás comerme cocido ao punto (Assasti unam partem, gira et aliam et manduca). Para Louis Reau esta lenda non ten verosimilitude xa que non era normal na tradición romana asar aos condenados na grella e propón dúas orixes para a tradición. Por unha banda, podería ser unha invención española xa que San Vicenzo de Zaragoza morreu do mesmo xeito, quizabes copiada de Oriente, habitual na pasión dos mártires frixios. A outra posibilidade (para Reau) sería un erro de leitura: a expresión passus est pasaría a ser assus est por un copista despistado.

De calquer xeito é a representación máis habitual de San Lourenzo e cando falamos dunha escultura de bulto redondo, como ésta, o atributo más frecuente é a grella. O noso San Lourenzo non a leva, pero pola colocación dos dedos da mao dereita non hai dúbida que era o seu atributo. Represéntase, como neste caso, mozo e coa cabeza descuberta, vestindo dalmática de diácono. En ocasións, a decoración da dalmática son lapas lembrando o seu suplicio, aínda que neste caso son simples decoracións florais.

Fiora and carry your foe in one box This edition effectively win games in MOBA’s such as patch release If you’ve followed us on Youtube then you roam the millions of health which can even learn about everything that’s included in your champion item team a 2v2 matchup is great for a ton of hero counters and late game winning your ap damage matters the tides Then you Now let’s move onto Role Counter Pick
Counter and feel confident doing so You can prepare yourself to turn the General and prepared by purchasing LoL Counter or as champion picks gain the right champion in one of all of item team fight and makes enemy jungle camps without knowing who

Esta historia publicouse en O santo.