A guerrilla

Nos anos 30 a sociedade labrega desta zona da Terra de Lemos estaba moi politizada. Canda o camiño de ferro, a Monforte de Lemos chegaron novas ideas que ían chantando pouso na bisbarra. Aos partidos agraristas uníase agora o predominio da UGT socialista nestes lares. A represión do verao do 36 non puido acabar con esta cultura política. Durante os anos 40 houbo un apoio importante á resistencia antifranquista. A IIª Agrupación do Exército Guerrilleiro contaba con enlaces e casas seguras nas parroquias veciñas de Cereixa e Chavaga. O 20 de abril de 1949 a Garda Civil rodea á plana maior da guerrilla nas casas de Repil e O Pericallo. Trala batalla comeza a represión sistemática da poboación civil. Veciños e veciñas de Cereixa, A Estación e Chavaga foron torturados e condanados a penas de cadea. Esta historia traumática deixou a súa pegada na memoria colectiva e na paisaxe.

As historias da guerrilla:

A matanza de Texas

O noso proxecto do castro de San Lourenzo ten unha clara vontade de internacionalización. Nos nosos cuarteis de inverno seguimos a investigar os restos asoellados nas nosas escavacións tanto no castro como na casa de Repil. É hora de dar a coñecer os primeiros resultados, e para iso están os congresos científicos. A comezos de[…]

Posted in A Guerrilla, O proxecto | Leave a comment

A Historia volve a Repil

Como unha actividade máis dentro do noso proxecto, levaremos a cavo unha escavación arqueolóxica nas ruínas da casa d’O Facha en Repil, no linde entre as parroquias de Cereixa e Chavaga, entre o 20-26 de xuño. Nesta casa foron abatidos tres guerrilleiros da IIª Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia o 20 de abril de[…]

Posted in A Guerrilla | Leave a comment