O puzzle do San Lourenzo

Reintegración matérica para pechar as fendas da talla.

Reintegración matérica para pechar as fendas da talla.

Recapitulemos para seguirmos avanzando. Os filólogos e lingüistas saben que os topónimos (nomes de lugar) referidos a ríos e montes son dos máis antigos e non adoitar mudar. Temos referencias ao Agro de San Lourenzo e ao castro xa en época medieval e no propio catastro de Ensenada de mediados do século XVIII. Xa que logo pensamos que a antiga ermida foi ergueita en época alto ou plenomedieval.

Reintegración volumétrica con estuco e aplicación de capa de Polaroid.

Reintegración volumétrica con estuco e aplicación de capa de Polaroid.

No último terzo do século XIX o culto ao San Lourenzo renovouse, quizabes pola persistenza de varios anos con sequía. A esta época nos remite a tradición oral e un documento material definitivo. Referímonos á portada da ermida que foi levada á casa d’O Ramau no barrio de Alende en Cereixa. No lintel gravouse unha inscrición na que se afirma que a obra se fixo en 1875. O culto esmoreceu rapidamente de novo e a comezos do século XX os veciños aproveitaron os materiais: as trabes nun pendello, unha coluna nunha solaina, perpiaños nunha escada, a fachada nunha casa…

Lintel da ermida na casa d'O Ramau (2004).

Lintel da ermida na casa d’O Ramau (2004).

A partir deste luns comezaremos a debullar este puzzle escavando as ruínas da ermida. Como tal fai a nosa restauradora Marien coa talla do santo, nós tamén temos que restituír as fendas da memoria agochada nestas pedras.

Esta historia publicouse en O santo.