A asociación

maria_castana_optiA Asociación de Veciños María Castaña naceu no ano 1990 co obxectivo de organizar actividades de lecer e de carácter formativo centradas na mellora da calidade de vida dos habitantes de San Pedro de Cereixa, a recuperación do medioambiente e mailo patrimonio cultural da parroquia.

Grazas á colaboración das distintas administracións e a través de recursos propios (bens comunais, doazóns e cuotas anuais dos asociados) vén desenvolvendo nos últimos anos un amplo abano de actividades, entre as que cómpre subliñar as exitosas representacións teatrais, as comparsas do Antroido, os obradoiros para nenos, a recuperación de xogos e festas tradicionais (o San Brais, o magosto) ou a celebración comunitaria do Día das Letras Galegas.

O presidente actual da Asociación é Marcos Méndez Vila.