San Lourenzo

Este mártir paleocristián seica foi morrer en Roma no século III, queimado vivo nunha grella por orde do emperador. De grande implantación en Galicia, o seu culto colleu novo pulo no século XVI cando Felipe II deu en pensar que o santo contribuíra á vitoria das armas españolas na batalla de San Quintín. O castro de Alende xa recibe este nome no Catastro de Ensenada a mediados do século XVIII polo que é factible que na croa existise unha capela xa en época medieval. A figura da ermida foi levada no seu día á igrexa parroquial de Cereixa. O San Lourenzo é un santo hidróforo, isto é, se se lle fan rogativas, chama á auga. A súa festa, o 10 de agosto, débese á cristianización da festa céltica do Lugnasad. Os vellos de antes levaban en procesión o santo e lle mollaban os pés no río Saa, na Ponte.

Historias sobre o santo:

Andazos, santos e cambio climático

Unha parroquia galega é unha historia de éxito. Estamos a falar dun unidade de organización espacial que conta con mil anos de antigüidade. Unha comunidade campesiña perfeitamente adaptada ao medio, cun modelo de xestión dos recursos baseado na sustentabilidade, alomenos até a década de 1960. Durante moitos séculos, estes homes e mulleres vivían nun sistema[…]

Posted in O santo | Leave a comment

En portada

As comunidades labregas non manexan o Museo como conceito. Acostumadas dende séculos ás crises de subsistencia, á coerción feudal e caciquil, son sabedoras do poder dos obxectos. As cousas xamais se desbotan, nunca se consideran como entes estáticos, fixos, aos que fitar por lecer estético. Tampouco son lixo. As cousas recíclanse, reutilízanse, tunéanse, trocan de[…]

Posted in Árbores e raigames, O castro, O santo, Xentes de Cereixa | Leave a comment

«Gran Hoguera»

O’Modesto tangueu as campás con certeiras badaladas contra as tres da tarde. Foi a chamada da tribo, desa tribo que como dicía o cantante NARF, acredita no futuro. De sotaque, alí estaban na croa do castro de San Lourenzo, os homes de Cereixa, aqueles que andan polo mundo cun nome mítico que nos remite a[…]

Posted in Árbores e raigames, O castro, O proxecto, O santo, Persoeiros cereixanos, Xentes de Cereixa | Leave a comment

A noite dos cepos

A importancia da festa popular do San Brais remárcase por ser considerada como a festa dos vellos, que vén de moi antigo, moito antes da Virxe do Rosario. O Xaime d’A Diosa contounos hai quince anos o que facían os mozos de Cereixa no folión de véspera do San Brais cando el el era novo,[…]

Posted in O santo | Leave a comment

A festa dos vellos: cofrades, cregos e cepos

A Virxe do Rosario en Cereixa foi imposta polo señor feudal, o bispo de Lugo, no marco da Contrarreforma. Polo tanto, trátase dun culto ex novo, patrocinado pola Igrexa, e que irrumpiu con forza no patrón de relixiosidade dos habitantes da nosa parroquia, pero que non partía dunha tradición anterior, ao contrario do que acontecía[…]

Posted in O santo | Leave a comment

Velaí vén o noso San Brais

A parroquia de San Pedro de Cereixa é un deses lugares máxicos de Galicia onde a historia ficou en parte fosilizada na paisaxe cultural. O tradicional ciclo festivo desta comunidade rural agocha todo un calendario no que se misturan procesos de longa duración, como a cristianización de celebracións pagás e as tensións entre cultura popular[…]

Posted in O santo | Leave a comment

O’Modesto

Coma un amieiro lanzal a figura d’O Modesto, cun aire quixotesco, recórtase entre as leiras de Nogueiras. Coma o fidalgo da Mancha, marchou polo mundo a procurarse. Tras unha tempada na Libia de Gadaffi nos anos da nosa transición democrática, afincou en Madrid como condutor de autobuses urbanos. O seu falar entre castizo e enxebre,[…]

Posted in O castro, O proxecto, O santo, Persoeiros cereixanos | Leave a comment

O burato negro

Non fai falla ser Eduardo Punset para saber que nos buratos negros se agochan os misterios do tempo e do universo. Os arqueólogos e as arqueólogas, cando comezamos a escavar un sitio, acabamos inmersos no noso particular burato negro, onde temos que esclarexar cuestións vencelladas ao espazo (xacemento), á materia (o rexistro) e ao tempo[…]

Posted in O castro, O proxecto, O santo | Leave a comment

O Porto do Santo

Na Geografía General del Reino de Galicia de Carreras y Candi, no volume no que se recolle o saber encol do concello de A Pobra do Brollón, aparece reproducida unha foto moi escura co seguinte pé de figura: Mujeres lavando en el río Saa. Dende pequeno, ubiquei esta foto, no barrio de A Ponte, en[…]

Posted in O santo, Persoeiros cereixanos | Leave a comment

O puzzle do San Lourenzo

Recapitulemos para seguirmos avanzando. Os filólogos e lingüistas saben que os topónimos (nomes de lugar) referidos a ríos e montes son dos máis antigos e non adoitar mudar. Temos referencias ao Agro de San Lourenzo e ao castro xa en época medieval e no propio catastro de Ensenada de mediados do século XVIII. Xa que[…]

Posted in O santo | Leave a comment