Entidades promotoras


Grupo de Investigación en Patrimonio Construido da Universidade do País Basco [web] [facebook]
Da cobertura institucional á dirección científica do proxecto, fornece equipamento, cofinancia parte dos custos de execución da intervención arqueolóxica e pon a disposición do equipo infraestrura así coma o seu servizo de prensa.


Concello de A Pobra do Brollón [web]
Financia a limpeza e roza dos camiños públicos e das parcelas do castro de San Lourenzo nas que se vai desenvolver a intervención arqueolóxica. Tamén colabora na recuperación da festa do San Lourenzo.


Instituto de Ciencias do Patrimonio-CSIC [web] [facebook]
O equipo de análise territorial fornece o equipamento tecnolóxico necesario para abordar o estudo arqueolóxico integral tanto das ruínas da casa de Repil coma do castro de San Lourenzo.


Cátedra UNESCO de Paisaxes Culturais e Patrimonio [web] [facebook]
Asesoría en todo o tocante ao deseño de modelos de xestión da paisaxe cultural encamiñadas a consolidar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.