No castro de San Lourenzo, 1987. Foto de Xulio Ayán.

Vocación

E ti que vas ser de maior? Arqueólogo, dixo el. Talvez. Lera un tratado e atraérao, máis que o propósito mesmo de atopar algo, o método. Era un traballo silencioso. Ese preámbulo de cuadricular un espazo e facer a escavación. Era un método que servía para todo tempo. Non só para as ruínas do pasado.[…]

Un bo sinal

Aitor ten de seu un sorriso pícaro que vai canda el de cotío. Ás veces, nas ocasións importantes, esboza un xesto serio, solemne. O outro día aconteceu. Falando da necesidade de chantar un cartaz-indicador ao sopé do castro, Aitor pousou o seu licor café e non o dubidou: Mañá traiovos a madeira de nogueira que[…]

Entrada atuada ao Burato dos Mouros

Voltaron os mouros ao castro

Este val do río de Cereixa sempre estivo xunguido ao mundo. Terra de emigrantes, agora recibe xentiña de fóra. Como eses homes da Europa oriental, criados entre tocóns inmensos e bosques milenarios, verdadeiros mestres do sector forestal, afincados agora entre nós. O ano pasado, na equipa de desbroce de Becerreá que limpou a croa do[…]

O'Barbas e Albino na croa do castro (Fot. de Rui Gomes Coelho).

As pedras tamén falan

O señor Albino medrou na aldea caurelá de Vilar, a rente do esgrevio val do Lor. De pícaro xogaba canda a outros nenos (daquela aínda había, osos… e nenos) sobor das muradellas do afamado castro mineiro romano que aínda se conserva ao sopé da aldea, encol dun esporón de lousa. Albino é o veciño de[…]

Chegada a Os Carballos da vella portada da casa d'O Ramau

En portada

As comunidades labregas non manexan o Museo como conceito. Acostumadas dende séculos ás crises de subsistencia, á coerción feudal e caciquil, son sabedoras do poder dos obxectos. As cousas xamais se desbotan, nunca se consideran como entes estáticos, fixos, aos que fitar por lecer estético. Tampouco son lixo. As cousas recíclanse, reutilízanse, tunéanse, trocan de[…]