Introducción al estudio de la Prehistoria y de la Arqueología de Campo, 8ª edición, ed. Guadarrama. Da autoría de Martín Almagro.

O arqueólogo praticante

Durante uns meses o Museo de Pontevedra albergou a exposición Galaicos: un pobo entre dous mundos, un percorrido polas relacións entre o Atlántico e o Mediterráneo durante a Idade do Ferro. O relato alicérzase nos achados arqueolóxicos en varios castros senlleiros da provincia de Pontevedra. Tiven a inmensa sorte de poder axudar nos últimos anos[…]

O'Barbas e Albino na croa do castro (Fot. de Rui Gomes Coelho).

As pedras tamén falan

O señor Albino medrou na aldea caurelá de Vilar, a rente do esgrevio val do Lor. De pícaro xogaba canda a outros nenos (daquela aínda había, osos… e nenos) sobor das muradellas do afamado castro mineiro romano que aínda se conserva ao sopé da aldea, encol dun esporón de lousa. Albino é o veciño de[…]

Fotografía de Olga Novo.

Pepiño d’A Fontela

Con once anos levábame meu pai a ver cousas antigas polas terras guímaras. Gostabamos de explorar en bicicleta os castros, as casas grandes brasonadas, as pontes de pedra. Nunha desas andainas chegamos á Fontela, o outadoiro natural dende o que se sobrancea a veiga do Saa e do Rubín, a rente do camiño real polo[…]

Cos Dereitos Humanos

Hoxe pola mañá tivo lugar o descubrimento dunha placa en homenaxe aos dereitos humanos en Compostela, vencellada ao espírito do noso proxecto de Arqueoloxía en Comunidade do castro de San Lourenzo. Reproducimos a continuación o texto que enviamos aos organizadores para ser lido no acto.   É unha mágoa que tanto José Luis Lagoa coma[…]

Chourizos no sarillo dunha casa cereixana

A matanza de Texas

O noso proxecto do castro de San Lourenzo ten unha clara vontade de internacionalización. Nos nosos cuarteis de inverno seguimos a investigar os restos asoellados nas nosas escavacións tanto no castro como na casa de Repil. É hora de dar a coñecer os primeiros resultados, e para iso están os congresos científicos. A comezos de[…]

O Modesto repenicando.

O’Modesto

Coma un amieiro lanzal a figura d’O Modesto, cun aire quixotesco, recórtase entre as leiras de Nogueiras. Coma o fidalgo da Mancha, marchou polo mundo a procurarse. Tras unha tempada na Libia de Gadaffi nos anos da nosa transición democrática, afincou en Madrid como condutor de autobuses urbanos. O seu falar entre castizo e enxebre,[…]

O burato na base da talla do San Lourenzo

O burato negro

Non fai falla ser Eduardo Punset para saber que nos buratos negros se agochan os misterios do tempo e do universo. Os arqueólogos e as arqueólogas, cando comezamos a escavar un sitio, acabamos inmersos no noso particular burato negro, onde temos que esclarexar cuestións vencelladas ao espazo (xacemento), á materia (o rexistro) e ao tempo[…]

DSCF0063

O’Regueiro

Cando aproveita a raxeira do sol, O’Regueiro adoita levar unha pucha dos Camiños de Ferro de Venezuela. Leva na cabeza un aquel trasatlántico, froito da emigración a Caracas de parte da familia. El ficou na Zapateira, coma un fidel garda da memoria colectiva. Mentres viva, vai canda el a cartografía toda da parroquia. El é[…]