No castro de San Lourenzo, 1987. Foto de Xulio Ayán.

Vocación

E ti que vas ser de maior? Arqueólogo, dixo el. Talvez. Lera un tratado e atraérao, máis que o propósito mesmo de atopar algo, o método. Era un traballo silencioso. Ese preámbulo de cuadricular un espazo e facer a escavación. Era un método que servía para todo tempo. Non só para as ruínas do pasado.[…]

Chegada a Os Carballos da vella portada da casa d'O Ramau

En portada

As comunidades labregas non manexan o Museo como conceito. Acostumadas dende séculos ás crises de subsistencia, á coerción feudal e caciquil, son sabedoras do poder dos obxectos. As cousas xamais se desbotan, nunca se consideran como entes estáticos, fixos, aos que fitar por lecer estético. Tampouco son lixo. As cousas recíclanse, reutilízanse, tunéanse, trocan de[…]

A xufreira

  Arde Galicia co lume forestal… cantaban Os Resentidos para dar boa conta da vaga de lumes de mediados dos anos 80 en Galicia. Daquela, as lapas chegaran tamén ao castro do San Lourenzo. A fotografía que vendes aquí arriba foi tirada en 1987. Hai moitas historias paralelas que conflúen neste retrato e que iredes[…]