Vocación
E ti que vas ser de maior? Arqueólogo, dixo el. Talvez. Lera un tratado e atraérao, máis que o propósito mesmo de atopar algo, o método. Era un traballo silencioso. Ese preámbulo de cuadricular un espazo e facer a escavación. Era un método que servía para todo tempo. Non só para as ruínas do pasado.[…]