Un castro con certo magnetismo

Un castro con certo magnetismo

Nunha desa xeiras nas que misturabamos cicloturismo e arqueoloxía, meu pai Xulio e máis eu chegamos á parroquia de Canedo, xa próxima ás terras de Bóveda e O Incio. Alí, nun Lameiro que ardera recentemente vimos, á tardiña, O Tesouro. Chaman así a unha modorra, un túmulo megalítico prehistórico, o que vén sendo unha tumba[…]

Andazos, santos e cambio climático

Andazos, santos e cambio climático

Unha parroquia galega é unha historia de éxito. Estamos a falar dun unidade de organización espacial que conta con mil anos de antigüidade. Unha comunidade campesiña perfeitamente adaptada ao medio, cun modelo de xestión dos recursos baseado na sustentabilidade, alomenos até a década de 1960. Durante moitos séculos, estes homes e mulleres vivían nun sistema[…]

Viaxe cara ao centro da Terra

Viaxe cara ao centro da Terra

Tócame o corazón e verás que o meu soño é a única certeza arqueolóxica que existe ante os teus ollos afeitos a escrutar as capas calcolíticas do vento. Olga Novo, Carbono 14 e moito amor.   Arqueoloxía é Poesía. O galego é o idioma dos trobadores e de Fermín Bouza Brey (1901-1973), o poeta que[…]

Arqueólogas

Arqueólogas

  Casa cunha arqueóloga, canto máis vello, máis interesante te encontrará. Adaptación libre da famosa cita de Ágatha Christie.   No mes de xuño de 1997 Carlos Otero e máis eu fixemos o traballo de campo preciso para elaborar a primeira guía de recursos arqueolóxicos da terra de Lemos. É o tempo de San Xoán[…]

O arqueólogo praticante

O arqueólogo praticante

Durante uns meses o Museo de Pontevedra albergou a exposición Galaicos: un pobo entre dous mundos, un percorrido polas relacións entre o Atlántico e o Mediterráneo durante a Idade do Ferro. O relato alicérzase nos achados arqueolóxicos en varios castros senlleiros da provincia de Pontevedra. Tiven a inmensa sorte de poder axudar nos últimos anos[…]

O Burato dos Mouros

O Burato dos Mouros

Papá ensinoume a baixar polas pendentes súpetas do monte, cos calcañares debuxando no chao zigue-zagues coma os meandros do río de Cereixa. Sempre me lembro de el cando agatuño o parapeto do castro. Naquela primeira exploración, da que falei no anterior post, a cinsa aínda fumegaba. Unicamente restaban en pé, fachendosas, as xufreiras, coa súa[…]