Armouse a de San Quintín

IMG-20160717-WA0006

Que fai a nosa restauradora no mosteiro de El Escorial? Todo ten a súa lóxica. Viaxemos ao tempo de Filipe II, cabeza visible dun Imperio onde non se poñía o sol. Na segunda metade do século XVI os Austrias loitaron pola hexemonía europea contra a Pérfida Albión (Inglaterra) e contra Franza. O Exército español venceu os veciños galos na afamada batalla de San Quintín, que tivo lugar o 10 de agosto de 1557, festividade do San Lourenzo. Segundo contan as crónicas, o monarca estaba convencido de que fora San Lourenzo quen se aparecera nos combates ao estilo de Santiago Apóstolo na batalla de Clavijo. Moi agradecido, ordea construír o mosteiro de El Escorial, xoia da arte da época e do estilo alcumado herreriano polo seu arquitecto. O edificio en pranta ten forma de grella, xa que este foi o instrumento de martirio de San Lourenzo, queimado vivo polos romanos, disque.

Restauración da talla: fase de limpeza.

Restauración da talla: fase de limpeza.

No eido das devocións o Poder xenera tendencias. Pola mesma época, a batalla de Lepanto levou a potenciar un novo culto: o da Virxe do Rosario, símbolo da loita contra o protestantismo. Dende aquela é a padroa de Cereixa, grazas ao impulso do señor feudal, o bispo de Lugo. No caso do San Lourenzo aconteceu o mesmo. Os condes de Lemos, perto sempre da Corte, foron quen de trasladar toda esa moda ás súas terras. Velaí está o Escorial galego, o Colexio do Cardeal, inspirado directamente na arquitectura herreriana. É bastante posible que tamén o culto a San Lourenzo fose renovado neses tempos.

Até o momento, considerábase que o noso santo estaría datado no século XVIII, como así aparece no Inventario Histórico-Artístico de Lugo y su Provincia. O excelente traballo da nosa retauradora Marien comeza a dar os seus resultados. Ela deu cun documento interesante datado o 3 de setembro de 1597. Por este texto sabemos que o mordomo de Cereixa manda facer a Antonio Rodríguez, veciño de Monforte:

tres bultos para el retablo que está hecho y asentado en el altar mayor de dicha iglesia; el uno y principal del Apóstol San Pedro, patrono de ella, para la caja del medio, la otra imagen de San Lorenzo con una parrilla y la otra de San Miguel con su peso; y después de hechas, pintarlas,dorarlas y estofarlas; y ansímesmo ha de pintar, dorar y estofar el dicho retablo, poniendo para ello, oro, plata y lo demás que necesario fuere; y pueda traer el retablo a esta villa de Monforte a su casa.
Fijósele de plazo para ello, hasta mediados de Abril de 1598, y pagaríasele lo que fuere tasado por dos oficiales peritos nombrados por ambas partes
.

A talla do San Lourenzo, logo, é douscentos anos máis antiga do que se pensaba? Ficade conectados, amigos da nave do misterio.

Tralas inxecións de Marien o santiño xa ten mellor cara

Tralas inxecións de Marien o santiño xa ten mellor cara

Esta historia publicouse en O santo.