María Castaña

En 1386 un documento da catedral de Lugo menciona unha labrega rica de Cereixa, de nome María Castaña, emparentada coa liñaxe dos Cego da Proba do Brollón, que se enfronta ao mordomo do bispo cando lle reclamaba o pago de determinados impostos. O enviado bispal é ferido polos fillos de María Castaña e morre as poucos días en Lugo. Este feito histórico pasou, dunha banda, ao imaxinario popular e, doutra banda, foi deconstruído pola elite intelectual rexionalista da segunda metade do século XIX. En Cereixa, de xeración en xeración, foise transmitindo a lenda de María Castaña, pervivindo aínda hoxendía un acendido debate: para uns naceu na casa das Garcillanas en Alende, para outros, na casa dos Camba no Barrio Falcón. Sexa como for, esta muller afouta e arroutada é todo un símbolo identitario para a parroquia de Cereixa.

Documentación gráfica:

As historias de María Castaña:

A nosa María Castaña

Josefina Prol was born in the mountainous lands of Trives, Ourense. She was one of those women who studied the career of Maxisterio in the years of the IIª Spanish Republic. This apprentice teacher had access to the new didactic tools coming from the advanced Europe of the time, thanks to the help of Albino[…]

Posted in María Castaña | Leave a comment