O noso Saint-Exupéry

Unha fermosa casa da aldea de San Adrián dá acobillo aos arqueólogos do proxecto do castro de San Lourenzo. Nesas paredes naceu O’ Maceda quen foi casar a Cereixa coa Celsa de Rairos. Desta xuntanza xurdiu un personaxe cereixano ao que o castro lle debe moito: o Roberto de Rairos. Sempre gostei dese vencello especial[…]

Arquitectos do Pobo

Todos los problemas que uno arrastra a lo largo de los años se derivan del hecho de haber abandonado aquella cabaña que un día montó en el jardín cuando era niño. El mito de la cabaña sigue teniendo hoy una fuerza extraordinaria. No hay escritor, artista famoso, político, hombre de negocios o banquero sacudido por[…]

O licín dos sarracenos

Na década de 1830, en plena primeira guerra carlista, un xeólogo alemán, Guillermo Shulz, percorreu a pé e a dacabalo a Terra de Lemos para facer a primeira descrición científica de Galicia. Na súa exploración achegouse a Cereixa, tomou nota do Monpedroso (outeiro do que falaremos outro día) e definiu as bacías sedimentarias dos ríos[…]

Un bo sinal

Aitor ten de seu un sorriso pícaro que vai canda el de cotío. Ás veces, nas ocasións importantes, esboza un xesto serio, solemne. O outro día aconteceu. Falando da necesidade de chantar un cartaz-indicador ao sopé do castro, Aitor pousou o seu licor café e non o dubidou: Mañá traiovos a madeira de nogueira que[…]

Música de alá do fondo

Dacordo coa tradición, os mouros e as mouras habitan no interior dos castros. Dese mundo subterráneo xorde ás veces música. Pola noite de San Xoán seica se escoitan de alá do fondo melodías de gaita. Os eruditos que fixeron o estudo arqueolóxico das veciñas terras d’O Incio en 1968 recolleron a seguinte lenda referida á[…]

Na procesión cara ao castro. [Fot. de Helena Cerviño]

Candela

* O avó de Candela traballou arreo nas areeiras de Cereixa nos anos 70. O traballo quedaba a rente da propia vivenda familiar, a casa d’A Raxa, pertencente ao lugar de Alende que tamén dá nome ao castro de San Lourenzo. Candela é a última nena da parroquia. Coa súa avoa adoita ir a por[…]

O Modesto repenicando.

O’Modesto

Coma un amieiro lanzal a figura d’O Modesto, cun aire quixotesco, recórtase entre as leiras de Nogueiras. Coma o fidalgo da Mancha, marchou polo mundo a procurarse. Tras unha tempada na Libia de Gadaffi nos anos da nosa transición democrática, afincou en Madrid como condutor de autobuses urbanos. O seu falar entre castizo e enxebre,[…]

Bargos de pedra asolagados no porto.

O Porto do Santo

Na Geografía General del Reino de Galicia de Carreras y Candi, no volume no que se recolle o saber encol do concello de A Pobra do Brollón, aparece reproducida unha foto moi escura co seguinte pé de figura: Mujeres lavando en el río Saa. Dende pequeno, ubiquei esta foto, no barrio de A Ponte, en[…]

O’Corbal

Os funcionarios do Reino de España que elaboraron o Catastro de Ensenada a mediados do século XVIII deixaron unha imaxe moi completa da parroquia de Cereixa. Esta comunidade rural tendía cara á autosuficiencia. O traballo do agro complementábase coa presenza de muíños, liñares e teares, así como coa presenza dalgúns artesáns, ferreiros e carpinteiros sobre[…]