Cereixa


A mestra da escola de Cereixa, Josefina Prol, co alumnado nos anos 50.

Esta parroquia leva existindo dende hai mil anos, cando unha comunidade cristiá labrega decidiu asentarse na bacía do río Saa, o Cerasia rivolum que aparece mencionado nos documentos medievais. O señor feudal do coto de Cereixa até a chegada do Estado liberal foi de sempre o bispo de Lugo, a quen se lle pagaban rendas e impostos. Durante séculos foi unha sociedade de señores e campesiños, destacando a presenza de liñaxes coma os Camba, os Somoza e os Gaioso. San Pedro de Cereixa conta con nove barrios (Rairos, As Areas, Guntiñas, A Zapateira, Alende, Nogueiras, Barrio Falcón, Cima de Vila e A Ponte) e conserva as ruínas doutros núcleos, xa abandonados, como as casas de Lamas ou a casa da Serra.

No web propoñémosche unha visita guiada a Cereixa.