Introducción al estudio de la Prehistoria y de la Arqueología de Campo, 8ª edición, ed. Guadarrama. Da autoría de Martín Almagro.

O arqueólogo praticante

Durante uns meses o Museo de Pontevedra albergou a exposición Galaicos: un pobo entre dous mundos, un percorrido polas relacións entre o Atlántico e o Mediterráneo durante a Idade do Ferro. O relato alicérzase nos achados arqueolóxicos en varios castros senlleiros da provincia de Pontevedra. Tiven a inmensa sorte de poder axudar nos últimos anos[…]

Romaría de San Lourenzo 2019. Actuación musical no Burato dos Mouros, en recordo de don Esteban. Foto de Ursula Neilson.

O Burato dos Mouros

Papá ensinoume a baixar polas pendentes súpetas do monte, cos calcañares debuxando no chao zigue-zagues coma os meandros do río de Cereixa. Sempre me lembro de el cando agatuño o parapeto do castro. Naquela primeira exploración, da que falei no anterior post, a cinsa aínda fumegaba. Unicamente restaban en pé, fachendosas, as xufreiras, coa súa[…]

Como escolta do Batallón de Trabajadores nº 1 de Barcelona (circa 1940).

O Gerardo d’Alende

Has vir un día a casa e tócasme unha peza coa harmónica do Gerardo, que che ten un baixo moi bon! Quen así fala é a Manoela, muller nonaxenaria, viúva do Gerardo d’Alende. Tamén nos ensina con agarimo e fachenda a cadeira que empregaba o seu home, barbeiro de sona en toda a contorna. O Gerardo[…]

O noso Saint-Exupéry

Unha fermosa casa da aldea de San Adrián dá acobillo aos arqueólogos do proxecto do castro de San Lourenzo. Nesas paredes naceu O’ Maceda quen foi casar a Cereixa coa Celsa de Rairos. Desta xuntanza xurdiu un personaxe cereixano ao que o castro lle debe moito: o Roberto de Rairos. Sempre gostei dese vencello especial[…]

Arquitectos do Pobo

Todos los problemas que uno arrastra a lo largo de los años se derivan del hecho de haber abandonado aquella cabaña que un día montó en el jardín cuando era niño. El mito de la cabaña sigue teniendo hoy una fuerza extraordinaria. No hay escritor, artista famoso, político, hombre de negocios o banquero sacudido por[…]

O licín dos sarracenos

Na década de 1830, en plena primeira guerra carlista, un xeólogo alemán, Guillermo Shulz, percorreu a pé e a dacabalo a Terra de Lemos para facer a primeira descrición científica de Galicia. Na súa exploración achegouse a Cereixa, tomou nota do Monpedroso (outeiro do que falaremos outro día) e definiu as bacías sedimentarias dos ríos[…]

Un bo sinal

Aitor ten de seu un sorriso pícaro que vai canda el de cotío. Ás veces, nas ocasións importantes, esboza un xesto serio, solemne. O outro día aconteceu. Falando da necesidade de chantar un cartaz-indicador ao sopé do castro, Aitor pousou o seu licor café e non o dubidou: Mañá traiovos a madeira de nogueira que[…]

Música de alá do fondo

Dacordo coa tradición, os mouros e as mouras habitan no interior dos castros. Dese mundo subterráneo xorde ás veces música. Pola noite de San Xoán seica se escoitan de alá do fondo melodías de gaita. Os eruditos que fixeron o estudo arqueolóxico das veciñas terras d’O Incio en 1968 recolleron a seguinte lenda referida á[…]

Na procesión cara ao castro. [Fot. de Helena Cerviño]

Candela

* O avó de Candela traballou arreo nas areeiras de Cereixa nos anos 70. O traballo quedaba a rente da propia vivenda familiar, a casa d’A Raxa, pertencente ao lugar de Alende que tamén dá nome ao castro de San Lourenzo. Candela é a última nena da parroquia. Coa súa avoa adoita ir a por[…]