Santo á grella

Segundo nos conta a nosa restauradora, a talla do San Lourenzo de Cereixa é de madeira policromada, de 1,10 cm de alto. Aparentemente non está repintada, conservando unha policromía de boa calidade. A vestimenta do santo presenta estofados con motivos ornamentais vexetais. Como é habitual, a decoración dourada céntrase nas cenefas e na vestimenta. Na[…]

Tralas inxecións de Marien o santiño xa ten mellor cara

Armouse a de San Quintín

Que fai a nosa restauradora no mosteiro de El Escorial? Todo ten a súa lóxica. Viaxemos ao tempo de Filipe II, cabeza visible dun Imperio onde non se poñía o sol. Na segunda metade do século XVI os Austrias loitaron pola hexemonía europea contra a Pérfida Albión (Inglaterra) e contra Franza. O Exército español venceu[…]

O santo que veu do castro

A mediados dos anos 90 do século pasado falamos con prohomes da parroquia de Cereixa sobre o castro de Alende e o seu santo. Petrucios como O’ Turín, o Xaime da Diosa, O’ Xerardo da Lende ou O’ Corenta coñecían dos seus pais e dos seus avós a vella tradición do San Lourenzo. Estes homes[…]

O’Corbal

Os funcionarios do Reino de España que elaboraron o Catastro de Ensenada a mediados do século XVIII deixaron unha imaxe moi completa da parroquia de Cereixa. Esta comunidade rural tendía cara á autosuficiencia. O traballo do agro complementábase coa presenza de muíños, liñares e teares, así como coa presenza dalgúns artesáns, ferreiros e carpinteiros sobre[…]

DSCF0027

Baixar o santo

Os permisos necesarios para levar a restaurar o San Lourenzo están firmados por varóns. Semella que isto do Patrimonio é cousa de homes, coma o anuncio mítico de Soberano. Temos un papel asinado polo crego párroco de Cereixa, outro firmado por outro señor da diócese luguesa e, finalmente, un permiso que nos envía outro varón[…]

DSCF0010

O Crowdfunding do santo

A crise económica, seguida das tesouras dos responsables do Reino de España,  afeitou de cheo á Arqueoloxía. Nestes últimos anos, como na época da postguerra e da autarquía, houbo que botar mao da imaxinación para turrar de proxectos de posta en valor do patrimonio. Neste contexto xurde a idea de aplicar o Crowdfunding na Arqueoloxía.[…]