A parrocha

A parrocha

A nosa variante dialectal do galego é moi ricaz en matices retranqueiros. Hai verbas e verbas. Unha delas é papuxa, que tanto serve para nomear o sexo feminino coma un paxaro que se cazaba con esparrelas e nutría de carne unhas vizosas empanadas con grande sona nesta terra de Lemavia. Outra palabra desta caste sensual[…]

O misterio dos círculos líticos

O misterio dos círculos líticos

Para esculcar no pasado temos que botar mao non só de trebellos tecnolóxicos, senón tamén das tecnoloxías da memoria. O que nos acontece na croa do castro de San Lourenzo é un bo exemplo da necesidade de integrar información oral, documental, histórica e arqueolóxica. Deste xeito podemos ir aclarando misterios como o que hoxe nos[…]

Música de alá do fondo

Música de alá do fondo

Dacordo coa tradición, os mouros e as mouras habitan no interior dos castros. Dese mundo subterráneo xorde ás veces música. Pola noite de San Xoán seica se escoitan de alá do fondo melodías de gaita. Os eruditos que fixeron o estudo arqueolóxico das veciñas terras d’O Incio en 1968 recolleron a seguinte lenda referida á[…]

Pepiño d’A Fontela

Pepiño d’A Fontela

Con once anos levábame meu pai a ver cousas antigas polas terras guímaras. Gostabamos de explorar en bicicleta os castros, as casas grandes brasonadas, as pontes de pedra. Nunha desas andainas chegamos á Fontela, o outadoiro natural dende o que se sobrancea a veiga do Saa e do Rubín, a rente do camiño real polo[…]

O Atlas

O Atlas

Lembro ao detalle aquela sala de teitos altos do piso dos meus avós no Passeig San Joan de Barcelona. Eu gostaba de pasar horas alí, nas vacacións do Nadal ou do verao, garabateando papeis coas ceras que viñan de agasallo co leite Río. A yaya non mercaba outro leite que non fose galego. Enriba da[…]

Cos Dereitos Humanos

Cos Dereitos Humanos

Hoxe pola mañá tivo lugar o descubrimento dunha placa en homenaxe aos dereitos humanos en Compostela, vencellada ao espírito do noso proxecto de Arqueoloxía en Comunidade do castro de San Lourenzo. Reproducimos a continuación o texto que enviamos aos organizadores para ser lido no acto.   É unha mágoa que tanto José Luis Lagoa coma[…]