Como unha actividade máis dentro do noso proxecto, levaremos a cavo unha escavación arqueolóxica nas ruínas da casa d’O Facha en Repil, no linde entre as parroquias de Cereixa e Chavaga, entre o 20-26 de xuño. Nesta casa foron abatidos tres guerrilleiros da IIª Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia o 20 de abril de 1949. Aquí tendes a reportaxe que publicou o xornal El Progreso sobre o noso proxecto.