A festa dos vellos: cofrades, cregos e cepos

San Brais e a Virxe do Rosario, en boxes.

San Brais e a Virxe do Rosario, en boxes. San Brais, 2003.

A Virxe do Rosario en Cereixa foi imposta polo señor feudal, o bispo de Lugo, no marco da Contrarreforma. Polo tanto, trátase dun culto ex novo, patrocinado pola Igrexa, e que irrumpiu con forza no patrón de relixiosidade dos habitantes da nosa parroquia, pero que non partía dunha tradición anterior, ao contrario do que acontecía co San Brais, que si gozaba do fervor popular. Este último feito levou ao Bispado de Lugo á organización da Confraría de San Brais para encauzar este antigo culto, como así o manifestan as súas Constituciones, Dispuestas por D. Joseph Taboada y Camba. Aunque se toleró asta el presente tiempo por la costumbre introducida de los cofrades deella y de los señores Obispos autorizaron, habiéndolo hecho el Istmo. Juan Saenz de Buruaga Obpo y deeste Opdo,

Non hai festa sen foguetes.

Non hai festa sen foguetes. San Brais, 2003.

Estas constitucións, de mediados do século XVIII, tentaron normativizar unha corporación relixiosa de longa tradición (temos constancia da súa existencia en 1689), regulando os comportamentos, os xestos e rituais a celebrar dentro do recinto sacro, de acordó coa prática relixiosa oficial:

Que el día tres de Febrero en que la Santa Iglesia haze conmemoración de San Blas, a cuio honor dedica cultos esta devota Cofradía (manteniéndose con el caudal asta el presente) se cante una misa, a maior gloria de Dios con asistencia de ocho Sazerdotes; siendo es preziso, y limitado numero de hermanos de tal estado, y q estos tengan obligación de asistir a Solemnizar la Missa con sobriedad y la compostura correspondiente en la procesión. Que el Mayordomo à cuio cargo está el cuidado déla zera de esta Cofradía lo tenga, y observe sin nota de omisso, repartiendo a tiempo, sin vozes, ni estrepito en la Iglesia, a todos los cofrades que se alien presentes en ellas, al prinzipiar la Missa Cantada, a cada uno su vela, y no mas, porque algunos quieren tomar dos o tres, con pretexto de que lo hacen en nombre de los ausentes suios, siendo esto conocido desfalco de la Caridad de la Cofradía y los que las rezivieren cuiden no quebrantarlas, ni las enziendan zerca de la bendición de la Sagrada Ostia, manteniéndolas enzendidas asta acavada lafumpzion, y en la procesión saian con todo conzierto en dos Filas, y no a pelotones, para cuio gobierno se nombrará uno o dos, siendo necesario que cuiden; y cada uno entregarla después la vela que hubiese rezivido sin fraude, al Maiordomo, ô Recaudador para su Custodia.
A iniciativa da Igrexa enfrontábase de cheo coa devoción e maila relixiosidade popular, que tiña as súas propias canles de expresión, como é o caso da Noite dos Cepos, celebración ritual de véspera conservada na actualidade, e da que vos falaremos nos vindeiros posts.

Os Cepos ardendo, no folión de véspera do San Brais. Ano 2003.

Os Cepos ardendo, no folión de véspera do San Brais. Ano 2003.

Fonte arquivística:

Arquivo Dicoesano de Lugo, San Pedro de Cereija, Cofradías, Cofradía de San Blas, Libro I (Anos 1689-1791), Constituziones de la Cofradía de San Blas (18 de xaneiro de 1765).

Esta historia publicouse en O santo.